top of page

HISTORIA DO ENETI

O primeiro Encontro Nacional de Estudantes de Tradución e Interpretación (ENETI) xorde, precisamente, da paixón dunha estudante. 
Anna García-Barros Quirón asistiu a un gran congreso de Tradución e Interpretación en Almuñécar, Granada, en 2001. Ao parecer, estivo toda a viaxe de volta á súa casa, en Salamanca, dándolle voltas a unha idea que aínda non sabía que se ía facer realidade.
E se os estudantes de Tradución e Interpretación de toda España organizasen un encontro anual onde poder coñecerse, aprender e compartir a súa paixón por esta profesión?
Ao ano seguinte, tivo lugar a primeira edición do ENETI en Salamanca, o primeiro encontro de Tradución e Interpretación creado por e para estudantes. Desde entón, o ENETI percorreu toda España e creou oportunidades únicas para cada promoción de futuros tradutores e intérpretes.
Iso si, entre 2009 e 2012 non se celebrou o ENETI, a pesar de telo todo preparado. Despois do parón, creouse a Asociación de Estudiantes de Tradución e Interpretación (AETI) para garantir que non se volvese a perder o bo costume de xuntarnos nunha facultade distinta cada ano.
E o ENETI non deixou de medrar desde entón! Cada vez foi máis o estudantado que se interesou en formar parte destes encontros. En 2015, máis de 700 persoas acudiron ao ENETI en Alacante. Nin a pandemia conseguiu frear o evento, xa que o ENETI de 2021 celebrouse totalmente en liña.
Anímaste a formares parte da historia da Tradución e Interpretación no XXI ENETI na Universidade de Vigo este 2024?

Programación: Texto

PROGRAMA DO XXI ENETI 2024

Nesta sección podes ver e descargar o programa do XXI ENETI 2024 en arquivo pdf. Figura a programación dos dous días e os patrocinadores do evento.

programas juntos.jpg
Programación: Archivos

I ENETI LOCJAM

Iniciativa pioneira do XXI ENETI!

Algunha vez quixeches ver a túa tradución dentro dun videoxogo? Coa colaboración altruista do equipo de LocJam oficial, traémosvos a oportunidade de vivir o proceso de localización dun videoxogo real!

Image by Carl Raw
Programación: Archivos
bottom of page